Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui recibe 50 mil euros da Deputación para a redacción do proxecto da Corredoira e Augusto González Besada dentro da Rede Ágora

Undefined

O Concello de Tui foi un dos beneficiarios das axudas concedidas pola Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria de subvencións para a redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos dos concellos da Rede Ágora. En concreto importe concedido ascende a 50 mil euros para a redacción do proxecto de execución do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada. 

O concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal

Undefined

O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta.  Este cambio foi aprobado de forma definitiva en pleno o 24 de novembro de 2022.

Tui recuperará a senda do río Caselas pondo en valor este espazo natural e patrimonial

Undefined

O Concello de Tui fai unha aposta decidida pola recuperación das contornas naturais e patrimoniais do municipio.  Nesta liña de traballo vai realizar a recuperación ambiental do río Caselas cunha senda fluvial e a restauración de dous muíños.

Para iso o Concello de Tui asinou un convenio coa Confederación Hidrográfica do Miño Sil, CHMS, para o financiamento, execución e entrega das obras de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas en Tui.

Un neno e unha nena saharauí pasan o verán en Tui

Undefined

Yahida Mahmud Jatri  e Yusef Abderrahman Sluj  son a nena e o neno saharauí que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. 

Tras chegar o pasado día 17 a Galicia hoxe foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos. 

O Concello de Tui rehabilitará cinco vivendas municipais en Caldelas para destinalas a alugueiro social

Undefined

O Concello de Tui vai rehabilitar 5 vivendas no edificio de titularidade municipal en Caldelas, o que suporá un investimento de 425.743,84€. Deste total o Instituto Galego de Vivenda e Solo financiará 250 mil euros ao abeiro da convocatoria das Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social. O prazo de execución remata o 25 de outubro de 2024.

En concreto as vivendas a rehabilitar serán no portal 1 o baixo C, no portal 2 os baixos D, E e F, e a vivenda adaptada do Portal 3.

Faleceu o ilustrador tudense Martin Rodriguez,Mención Honorífica Especial do Concello de Tui

Undefined

Dende o Concello de Tui lamentamos o pasamento de Martín Rodríguez Álvarez, ilustrador tudense que o ano pasado recibía a Mención Honorífica Especial do Concello de Tui en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística, onde a cidade de Tui ten ocupado un lugar preeminente.  

Aínda que residía en Santa Cruz de Tenerife mantiña unha constante relación con Tui. A derradeira visita que realizou a cidade foi en xuño do ano pasado, cando se lle fixo entrega da Mencion Honorifica Especial.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía