Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Biblioteca Pública Municipal de Tui

Colón 2 – 1º Andar da Área Panorámica Francisco Sánchez - Porta 5

 617 49 81 03

biblioteca@concellotui.org

Web Bibliotecas Públicas

De luns a venres de 9h a 14h e de 15 a 21 | Sábados de 9 a 13h

A Biblioteca Pública Municipal de Tui está situada no primeiro andar do edificio da Área Panorámica – entrada porta 5 -.  Conta con wifi propia para a que é preciso darse de alta coma usuario.

Instalacións

A Biblioteca Pública Municipal de Tui está situada no primeiro andar do edificio da Área Panorámica ocupando un espazo de 440 metros cadrados.  En 2003 este servizo foi traslado dende os baixos da casa do concello cara este emprazamento.

A biblioteca tudense conta cunha sala de lectura/estudo con capacidade para 60 persoas.  Amais ten unha sala de lectura infantil con mobiliario axeitado para os cativos e libros distribuídos en función da idade dos usuarios.

Na zona de hemeroteca, con mesas e luz axeitada para a lectura, está a dispor dos usuarios os xornais galegos Atlántico Diario, El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e os de tirada nacional El Mundo i El País así coma outras publicacións coma a Revista da Real Federación Española de Fútbol.

Noutra zona están accesibles 4 ordenadores con conexión a internet. Para acceder a este servicio é necesario dar de alta un usuario na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia. Con esa conta e contrasinal, cada usuario dispón de hora e media de Internet totalmente gratuíta cada día. Os menores de idade precisan autorización paterna para acceder a este servicio.

Tamén dispón dunha sección de cómic xuvenil e para adultos, o fondo local e planeiros para a custodia de fondos cartográficos e de carteis sobre temática local que conserva a Biblioteca tudense.

Fondo bibliográfico

O fondo bibliográfico está formado por máis de 36.200 exemplares de novela, teatro, poesía, biografías, literatura xuvenil, cómic, libros infantís, así coma de variada temática coma historia, arte, relixión, política, natureza... Esta colección amplíase ao longo do ano coa incorporación de novidades editoriais.

A biblioteca conta cunha ampla bibliografía e documentación sobre Tui na que se pode atopar tanto os libros escritos por tudenses, coma outras obras que fan referencia á cidade, material audiovisual.....

Socio da biblioteca 

A biblioteca tudense conta con máis de 6.200 socios.

Para facerse socio da biblioteca é preciso aportar unha fotografía tamaño carné e presentar o DNI. Deste xeito pódese acceder ao servizo de empréstito de libros por un período de quince días, podendo renovar o empréstito por igual período.

Un importante número de persoas pasan ao longo do ano pola biblioteca tudense ben a estudar, empregando o servizo de empréstito, lendo as publicacións que están a dispor ou empregando os ordenadores.

Actividades

Ao longo do ano a Biblioteca tudense realiza diversas actividades de animación á lectura dirixida tanto a público infantil coma a público adulto coma contacontos, representacións,... Amais doutros actos co gallo do Día das Letras Galegas, o Día do Libro Infantil, o Día do Libro, Día da Biblioteca.... Tamén anualmente, en colaboración coas bibliotecas escolares, desenvólvese a a iniciativa “Tui le, os libros na praza”.

Áreas: 
Cultura
Educación