AMIT

Área Panorámica. Colón 2 - 1º Andar (Radio Municipal de Tui)

 986 60 37 47 

En 2017 creouse o Arquivo Municipal de Imaxe de Tui, AMIT, nado en boa medida das exposicións de fotografía antiga das festas de San Telmo realizadas en 2016 e no 2017 e do traballo dos seus organizadores. Este arquivo vai servir no futuro, con toda seguridade, para recuperar un patrimonio de valor incalculable, as imaxes de Tui recollidas en numerosas coleccións privadas, arquivos fotográficos de profesionais que traballaron en Tui e simples álbums familiares, que atesouran, todos eles, pequenas alfaias que merecen ser recompiladas, catalogadas e postas a disposición de todas as persoas que teñan interese polo pasado do concello.

Exposición San Telmo 2016

Coincidindo coas festas de San Telmo de 2016 realizouse a primeira de Fotografía Antiaga de Tui co obxectivo de trasmitir que as fotografías forman parte tamén do noso patrimonio, un ben cultural que debemos coidar e preservar. Nesta primeira edición realizouse unha selección de imaxes anteriores a 1930.

Exposición San Telmo 2017

Durante as festas de San Telmo de 2017 levouse a cabo a segunda exposición de Fotografía Antiga de Tui na que nesta ocasión se recolleron fotografías de empresarios, comerciantes e industriais de Tui de boa parte do século XX.