Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Estase a executar a nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco

Undefined

O Concello de Tui continúa coa mellora dos parques infantís e áreas de lecer e arestora está executando unha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco en Randufe. O proxecto, que segue os criterios do Plan Ágora, suporá a transformación desta zona creando un espazo para o desfrute de toda a familia con múltiples opcións. O investimento previsto ascende a 298.653,69 €, dos que a Deputación Provincial aportará 287.648,75 € con cargo ao Plan Concello 2022-2023. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones, Obras Y Viales S.A. COVSA. O prazo de execución é de tres meses.

O Concello de Tui está a executar a renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo

Undefined

O Concello de Tui de Tui está a executar a obra de renovación do pavimento de madeira exterior do Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui. A madeira existente foise deteriorando co paso dos anos o que supuña un risco para a seguridade, polo que se vai proceder a súa substitución por pavimento de madeira técnica.

Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron onte o Premio Deportista Tudense

Undefined

A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron onte á noite o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.

As fotografías dos bosques españois, entre eles o Aloia, forman parte da mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España”

Undefined

Unha fotografía tomada no Parque Natural do Monte Aloia de Tui é unha das 26 imaxes que conforman a mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que foi inaugurada esta mañá na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. A exposición chega a  Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da Oficina de Tui de ABANCA, Mª Teba García.

O Concello de Tui reafirmou o seu compromiso na erradicación da violencia de xénero

Undefined

O Concello de Tui manifestou este mediodía a súa “condena absoluta ante a violencia de xénero” e reafirmou o seu compromiso “coa súa erradicación”. Así se puxo de manifesto na declaración institucional lida por membros da corporación municipal, en concreto, José Martínez Tato do BNG, Anabel Solla do PP e Sonsoles Vicente do PSdG, no acto celebrado na praza Norte da Catedral.

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado no VII Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Preto de medio millar de persoas participarán este sábado, 25 de novembro, no VII Urban Trail Night Eurocidade, que partirá ás 19.30 h do Centro Coordenador de Transportes de Valença, e cuxa liña de meta estará situada no Paseo da Corredoira en Tui. Contará, ao igual que en 2022, con dúas distancias 8 quilómetros e 16 quilómetros. A inscrición está aberta até ás 23.59 h deste mércores, 22 de novembro, en www.deporticket.com e en www.lap2go.com.

Tui clausura o Programa Integrado de Emprego cunha inserción laboral do 70%

Undefined

O 70% do centenar de persoas participantes no Programa Integrado de Emprego clausurado esta semana en Tui incorporáronse ao mercado laboral. O éxito desta acción, na que case de duplicou o obxectivo marcado inicialmente foi posto de relevo no acto de clausura no que participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e o xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualade, José Antonio Rodríguez, entre outros.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía