Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

A corporación municipal de Tui celebra este mércores pleno extraordinario

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará pleno de carácter extraordinario este mércores, 14 de xuño, ás 9.30 h, no salónd e sesións da casa do concello. 

Na orde do día figura un único punto referido á aprobación, se procede, dos borradores das actas das sesións anteriores: ordinaria nº 3/2023, do 27/04/2023 e extraordinaria nº 4/2023, do 02/05/2023.

Convócase unha reunión informativa para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM en San Bartolomeu

Undefined

O Concello de Tui convoca unha reunión informativa o próximo xoves, 15 de xuño, ás 19 h no salón de plenos da casa do concello para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM da reforma urbanística da zona de San Bartolomeu.

Alevíns e benxamíns do Tyde F.C. participan no Torneo Internacional de fútbol en Versmold

Undefined

Esta mañá celebrouse unha recepción aos 11 xogadores e a xogadora do Tyde F.C. que van a participar no Torneo Internacional de Versmold, onde compartirán experiencia con clubs de 12 países. Foron recibidos no salón de sesións da casa do Concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Enrique Cabaleiro, e polo concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez.

Recepción ao equipo alevín do Tyde F.C. que participará no Torneo Internacional de Versmold

Undefined

Mañá mércores, 7 de xuño, ás 11.30 horas, no salón de sesións do Concello de Tui, realizarase unha recepción ao equipo alevín do Tyde F.C. que nesta próxima fin de semana participará na cidade alemá irmandada con Tui, no Torneo Internacional de Versmold.

Neste acto estarán presentes o alcalde en funcións de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes en funcións, Rafael Estévez, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, o responsable do fútbol base do club, José Manuel Quintana, acompañados polos integrantes do equipo alevín e os seus adestradores, Samuel, José Paz e Raúl.

Até o luns 12 pódese consultar o censo electoral vixente nas Eleccións Xerais 23X

Undefined

Dende hoxe luns, 5 de xuño, e até o luns 12 de xuño, pódese consultar o censo electoral que estará vixente nas Eleccións Xerais do próximo 23 de xullo.  As persoas electoral poderán consultar os seus datos de inscrición no centro censo electoral a través da sede electrónica do INE cos medios de identificación electrónica ou ben  presencialmente no Servizo do Padrón na casa do concello. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía