Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui recibe 50 mil euros da Deputación para a redacción do proxecto da Corredoira e Augusto González Besada dentro da Rede Ágora

16/08/2021

O Concello de Tui foi un dos beneficiarios das axudas concedidas pola Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria de subvencións para a redacción de proxectos ou execución de obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos dos concellos da Rede Ágora. En concreto importe concedido ascende a 50 mil euros para a redacción do proxecto de execución do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada. 

A Rede Ágora de Concellos polo Espazo Público é unha iniciativa de acción institucional a prol de considerar e valorizar o espazo público como un dereito fundamental da cidadanía. Está formada pola Deputación e 54 concellos da provincia.

O seu obxectivo é chegar a xuño de 2023 conseguindo que os concellos pontevedreses incrementen de forma substancial o espazo reservado ás persoas, itinerarios peonís e ciclables cumprindo un decálogo básico:

  1. O espazo público é un dereito
  2. As persoas primeiro
  3. Mobilidade inclusiva
  4. Autonomía infantil
  5. Mobilidades alternativas
  6. Espazos seguros
  7. Hábitat saudable
  8. Espazos amables e de calidade
  9. Actividade económica de proximidade
  10. Mobilidade sustentable