Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Bandos

E.g., 25/04/2018
E.g., 25/04/2018

Bando entrada en vigor definitiva peonalización conxunto histórico

27/06/2017

O 1 de xullo entra en vigor de forma definitiva a peonalización da zona de intramuros do conxunto histórico de Tui. Tal e coma recolle a Ordenanza Reguladora do tráfico no Conxunto Histórico limitarase o acceso de vehículos ao conxunto histórico, salvo residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais,  e as Zonas Verdes serán consideradas de aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE).

Bando Autorización de espectáculos públicos, actividades recreativas, festas, feiras e demais festexos e eventos públicos

4/05/2017

A organización de espectáculos públicos e actividades recreativas no termo municipal de Tui debe comunicarse previamente ao Concello e nos casos contemplados no artigo 41 da Lei 9/2013 deben solicitar licenza municipal para a súa celebración. Amais os espectáculos públicos ou actividades recreativas en terreos, lugares ou bens de titularidade municipal deben contar coa correspondente autorización municipal de ocupación de dominio público.  

Bando sobre a obriga de manter os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público e medidas para a prevención de incendios forestais

30/03/2017

Solicítase da cidadanía o cumprimento das súas obrigas mantendo as súas propiedades en condicións de salubridade, seguridade e ornato. Así coma o mantemento de terreos e solares limpos de maleza e lixo para previr incendios forestais. 

Bando Campaña detección precoz de cancro de mama

9/03/2017

O 13 de marzo de 2017 iníciase en Tui a campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade. As mulleres que teñan entre 50 e 69 anos e non recibiran a carta coa data, hora e lugar para acudir a realizar a mamografía gratuíta poden solicitar a súa cita no 981 14 14 14