Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Centro Municipal de Formación

Alvelos 1, Guillarei. 36.720 Tui.

986 60 39 49 | Móbil 670 24 56 33 | Fax 986 60 18 59

 cfo@concellotui.org

O Centro Municipal de Formación está situado en Guillarei nunha nave municipal na que en dous andares se distribúen as oficinas, aulas e talleres. 

Instalacións

O Centro dispón de 6 aulas homologadas, unha delas destinada a clases de informática; unha aula multifuncional, biblioteca, 5 espazos destinados a talleres de carpintería, electricidade, fontanería, construción; e dúas zonas de almacenaxe. Conta con aseos adaptados e elevador. O centro está equipado con instalacións fotovoltaicas que serven enerxía eléctrica a unha parte das instalacións.

Obxectivo

O seu obxectivo é  levar a cabo o labor social relacionada coa formación do Concello de Tui. A súa actividade vai dirixida tanto á poboación en xeral coma para os traballadores públicos.

Unha das súas liñas de acción é a busca de recursos para ofertar formación en diferentes especialidades e a diferentes grupos de poboación, tanto persoas non ocupadas coma traballadores en activo, traballadores das administracións públicas, poboación en risco de exclusión social, discapacitados, etc.. A esta súmase o servizo de información, orientación e busca de emprego financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

Homologación

O Centro de Formación está homologado pola Xunta de Galicia para a prestación de formación nas seguintes especialidades:

  • Enerxías renovables
    • o montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
  • Electricidade
    • O operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas
  • Madeira
    • Montaxe de mobles e elementos de carpintería
    • Instalación de mobles
    • Instalación de elementos de carpintería
  • Instalacións
    • Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica
  • Comunicación
    • Axudante de documentación de medios de comunicación
  • Turismo
    • Venda de servizos e produtos turísticos
    • Azafata auxiliar de congresos
  • Reformas
    • Colocador de prefabricados lixeiros
    • Colocador de paneis de cartón xeso e similares