Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Carlos Vázquez Padín é dende o 17 de outubro de 2017 o alcalde de Tui.

Contacto

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

 986 60 36 43

 contacto.alcaldia@concellotui.org

  

Reapertura da Aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres

Undefined

Mañá xoves, 21 de xuño, ás 12.30 horas terá lugar un pequeno acto de reapertura da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres que resultara danada na explosión do pasado 23 de maio.

Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez. Tamén estarán presentes a titora da aula, os nenos que mañá despedirán o curso na súa aula, e as súas familias.

A rotonda da Po 404 será realidade antes de finais de ano cun investimento de 350 mil euros

Undefined

Antes de que remate este ano a rotonda na Po 404 en Guillarei debería ser unha realidade. As obras, que teñen un prazo de execución de catro meses, saíron onte a licitación polo que deberían adxudicarse a finais do verán e comezar no mes de setembro. Suporán un investimento entre execución de obra, expropiacións, e reposición de servizos de 350.359€.

Anuncio da licitación da rotonda na PO 404 en Guillarei

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, comparecerá mañá ás 12h no salón de sesións da casa do concello de xunto ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e o responsable da ceda Tura territorial da Axencia Galega de infraestruturas, Fausto Núñez, para anunciar a licitación da construción da rotonda na estrada Po-404 en Guillarei que dará acceso á Veiga do Louro, que mellorará a seguridade vial na zona e satisfará unha vella demanda veciñal.

Mañá mércores ás 12.30h preséntase o V Campionato Ibérico de Kung Fu

Undefined

Mañá mércores, 20 de xuño, ás 12.30 horas españolas, terá lugar a presentación do V Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, no salón de plenos do Concello de Tui. Este evento, que se celebrara este domingo 24 de xuño, está organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.

O alcalde de Tui convida ao presidente do goberno a visitar Tui para coñecer de primeira man as consecuencias da explosión do 23 de maio

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de convidar ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, a que visite Tui “coa maior brevidade que sexa posible” para coñecer de primeira man a situación que se vive no municipio tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos.  Deste xeito, indica o rexedor, o presidente poderá “avaliar a absoluta necesidade que temos dun forte c

Os afectados pola explosión de Paramos están convocados a unha reunión este sábado 16 de xuño

Undefined

Os afectados pola explosión rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos están convocados a unha reunión que se vai celebrar este sábado, 16 de xuño, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei.

Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui, Carmen González.

Esta fin de semana celébrase o Concurso de Gaita e Tamboril e o Día da Muiñeira nunha aposta pola recuperación das tradicións

Undefined

A música tradicional será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do IV Concurso de Gaita e Tamboril, o sábado, e do V Día da Muiñeira, o domingo,  organizados pola Asociación Xuvenil e Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación destas actividades tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, Conchi Sales, presidenta, e Verónica Morais, vogal, da Asociación Cultural e Xuvenil San Telmo.

Mañá presentación do IV Certame de Gaita e Tamboril e do V Día da Muiñeira

Undefined

Mañá mércores, 13 de xuño, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Certame de Gaita e Tamboril e do V Día da Muiñeira que se van celebrar esta fin de semana organizados pola Asociación Cultura e Xuvenil San Telmo coa colaboración do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, Conchi Sales, presidenta, Raquel Hernández, secretaria e Verónica Morais, vogal, da Asociación Cultura e Xuvenil San Telmo.

O luns reúnese a Xunta Local de Seguridade

Undefined

O próximo luns, 11 de xuño, ás 10h da mañá reunirase de xeito extraordinaria a Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a subdelegada de goberno en funcións, Ana Ortiz, e coa presenza das distintas forzas de seguridade. O tema a tratar será a catástrofe de Paramos dende o punto de vista da seguridade.  

Previamente ás 9.30h reunirase a Xunta de Goberno Local para aprobar as bases das axudas establecidas con cargo ao Fondo de Emerxencia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía