Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Case 230 peregrinos e peregrinas pasaron na fin de semana pola Oficina Municipal de Turismo

Undefined

Un total de 229 peregrinos e peregrinas pasaron durante a fin de semana, entre o venres 31 de marzo e o domingo  2 de abril, pola Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui. Esta cifra supón un incremento do 12,5% con respecto aos números do pasado ano. Nestes días de inicio do período da Semana Santa achegáronse na procura de información a esta Oficina de Turismo tudense un total de 58 peregrinos e peregrinas internacionais procedentes de ata trece países de catro continentes.

A mesa do Camiño Portugués en Tui reuniuse onte para abordar os retos actuais

Undefined

Na tarde de onte tivo lugar unha nova sesión da Mesa do Camiño Portugués en Tui. Nela participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a deputada provincial de Turismo, Ana Laura Iglesias, o director de Xestión do Xacobeo da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa, así como representantes da hostalería, a restauración, as asociacións de amigos do Camiño de Santiago e da Igrexa.

O xoves preséntase a Festa do Meixón 2023

Galego

Este xoves, 30 de marzo, ás 11 h no edificio da praza da Inmaculada terá lugar a presentación da Festa do Meixón 2023 que se vai celebrar do 1 ao 17 de abril en distintos establecementos tudenses.

A mesma correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, xunto a persoas representantes dos restaurantes participantes na festa.

O Camiño Portugués bateu rexistros no mes de febreiro con 779 peregrinos e peregrinas

Galego

Ao longo do pasado mes de febreiro a Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela entregou un total de 779 ‘Compostelas’ a peregrinos e peregrinas que realizaron o Camiño Portugués. Estes datos baten os rexistros de peregrinos de calquera outro ano, cun incremento do 36% respecto aos 571 peregrinos do pasado ano 2022 ou do 60% en relación aos 478 peregrinos do Camiño Portugués en febreiro de 2019.

5.500 persoas forma parte do grupo de facebook Camiño Portugués.Tui

Undefined

O grupo “Camiño Portugués. Tui” na rede social Facebook, promovida polo concello de Tui en xullo de 2020, acadou hai uns días a cifra de 5.500 seguidores, un dato que revela o éxito desta iniciativa de promoción da cidade tudense como a porta de entrada dos Camiños Portugueses en Galicia.  Este grupo naceu co obxectivo de cubrir unha das eivas que se detectaban na promoción da ruta xacobea ao seu paso pola cidade e a súa escasa presenza nas redes sociais, especialmente en Facebook, xa que esta rede é a máis empregada no ámbito da peregrinación.

O Concello de Tui recibe case 14 mil euros da Deputación para a dotación de persoal para a realización de tarefas de información na Oficina Municipal de Turismo

Undefined

O Concello de Tui recibiu unha achega da Deputación de Pontevedra para financiar os custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información na Oficina Municipal de Turismo adherida á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas. 

A Oficina Municipal de Turismo, está situada dende o mes de febreiro de 2022, no céntrico Paseo da Corredoira. Contan cunhas instalacións amplas e modernas para atención de visitantes, turistas e peregrinos. O seu horario de atención ao público é de luns a domingo de 9 a 14 h e de 16 a 19 h. 

A Oficina de Turismo de Tui recibe o distintivo de calidade turística SICTED na Gala de Turismo provincial

Galego

A Oficina Municipal de Turismo de Tui distinguida co ‘Compromiso de calidade turística’ que permite que este servizo forme parte do SICTED, o Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino. Este servizo municipal recibiu o galardón na última Gala do Turismo da provincia de Pontevedra celebrada pola Deputación no Auditorio Mar de Vigo o pasado venres.

O 29 de abril celebrarase a visita "Tui, o outeiro fortificado que quixeron romanos, vikingos e xudeus"

Undefined

Coñecer, amar, valorar e protexer a historia de Galicia. Ese é o principal obxectivo de www.rutasdehistoria.gal, un proxecto patrimonial impulsado polo portal web www.historiadegalicia.gal ao que esta primavera se suman catro rexedores das catro provincias galegas cun único fin: poñer en valor o seu patrimonio local.

Case 500 persoas foron atendidas en febreiro na Oficina Municipal de Turismo

Undefined

Un total de 491 persoas demandaron información durante o pasado mes de febreiro na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui no céntrico Paseo da Corredoira.  A gran maioría, 407 foron turistas, e  84 peregrinos e peregrinas.

Dos 407 turistas que se achegaron até este punto de información 345 eran de procedencia nacional e 62 chegaron doutros países.

Tui acolleu esta mañá a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Undefined

Tui acolleu esta mañá a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, na sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez. Esta presentación foi un foro aberto para contrastar opinións, debater a proposta e comezar a traballar conxuntamente para sacar adiante o proxecto. Tui coma cidade membro da Red de Juderías acolleu este evento organizado en colaboración coa propia Red de Juderías e dos outros dous municipios galegos que forma parte desta asociación coma son Monforte de Lemos e Ribadavia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo