Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Un percorrido pola senda do Furnia centra esta fin de semana as dúas citas das Rutas de Natureza

Undefined

Dobre proposta esta fin de semana en Tui dentro das Rutas de Natureza que organiza o Concello de Tui. A actividade centrarase no percorrido, en dúas etapas, pola senda do río Furnia, recuperada o ano pasado polo Obradoiro de Emprego, e incluirá visitas ás igrexas de Malvas e Pexegueiro, a diferentes elementos etnográficos, así coma ao taller do escultor Rai Martínez e á empresa Trigo y Limpio. Os percorridos serán conducidos por Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio. 

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

Undefined

Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo, cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño, para a que se cubriron as 25 prazas ofertadas rapidamente. As persoas participantes de Tui, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra e Vigo  gozaron deste percorrido de introdución á ornitoloxía e interpretación do medio natural.

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

Undefined

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este domingo, 28 de abril, até o 30 de xuño.

Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

As cifras de visitantes na Semana Santa confirman un marzo de récord en Tui

Undefined

A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos  1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023. 

Do total de 1.191 persoas que demandaron información na Oficina de Turismo 303 eran peregrinos e peregrinas e 888 turistas.

Exposición Gyotaku

Mañá sábado, ás 12 h, inaugurarase na

A Oficina de Turismo, no paseo da Corredoira, acolle a exposici'ón Gyotaku de Mª Carmen Ramírez e Rocío Grandal. Nas súas obras empregan os prinicipios do gyotaku, técnica de pintura de orixe xaponés sobre papel de arroz, adaptándoos a un deseño, encuadre e enfoque máis actual, e creando pezas únicas.

A inauguraci'ón será o sábado 23 ás 12 h.

Tui celebra durante 17 días a 56ª Festa do Meixón

Undefined

Tradición e innovación mestúranse na Festa do Meixón que mañá comeza en Tui e que se vai desenvolver en seis restaurantes  Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui.

A Festa foi presentada este mediodía no Paseo Fluvial polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, e unha representación dos viveiros, os restauradores e a adega Sergio Álvarez. Este evento gastronómico celebra neste 2024 a súa 56ª edición.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo