Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

A gastronomía sefardí protagonista do mes de setembro en Tui

Undefined

Un total de quince establecementos tudenses ofrecen neste mes de setembro unha oferta gastronómica que recolle o legado xudeu vinculado á cociña co bacallau coma protagonista. Así dentro da programación ‘Setembro Xudeu en Tui’ pódese degustar o Menú Sefardí preparado polo Parador de Turismo San Telmo  que ofrece Cebola rechea de cabaza especiada, pistachos e melaza de granada, “Albondiguillos” de peixe con salsa de limón e “Ginestada”.

Setembro xudeu en Tui

Visitas guiadas, exposicións, conferencias, xornadas de debuxo, concertos, e gastronomía centran o amplo programa que ao longo do mes de setembro se vai celebrar en Tui baixo o título de “Setembro xudeu en Tui”. 

Photocoll “Porta da memoria” na Praza do Concello

Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau

Establecementos participantes con oferta de  pratos e tapas

As murallas tudenses centran mañá a derradeira visita de ‘Coñece o noso patrimonio’

Undefined

Mañá venres, 25 de agosto, finaliza o programa de visitas guiadas a diversos elementos patrimoniais da nosa cidade ‘Coñece o noso patrimonio’ organizado polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración co Concello de Tui.
O obxectivo desta iniciativa é  facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudense dirixidos por especialistas.

O exterior da Catedral centra a nova visita guiada ao patrimonio tudense

Undefined

Mañá martes continua o programa de visitas guiadas “Coñece o noso patrimonio” que están a percorrer diversos elementos patrimoniais da nosa cidade organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses dan de  especialistas

Mañá martes ás 20.00 horas a profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández, guiará unha visita denominada “A catedral de Tui no medievo. Un percorrido exterior a través do románico e o gótico”.

Gran acollida ás visitas guiadas organizadas este mes de Tui para dar a coñecer o seu patrimonio

Undefined

Gran acollida ás visitas guiadas organizadas neste mes de agosto en Tui co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio no municipio. As prazas están xa completas para todas as rutas ofertadas, e ante a gran acollida vénse se abrir unha visita máis aos muíños do Tripes o día 25.

O venres 18 realizarase unha nova visita aos muíños do Tripes

Undefined

O venres, 18 de agosto, ás 10 h realizarase unha nova visita guiada aos muíños do río Tripes  dentro da iniciativa “Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” que organiza a Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

Esta nova actividade organízase ante o éxito de acollida na prevista para este venres, 11 de agosto, para a que as prazas se completaron xa na fin de semana.

A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.

A Igrexa de San Domingos centra a nova visita guiada do programa “Coñece o noso patrimonio”

Undefined

Este mércores, 9 de agosto, ás 20.30 h terá lugar a visita “San Domingos, un singular templo entre o gótico e o barroco” a cargo de José Ramón Fernández Fernández, licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e acreditado especialista no patrimonio tudense.

Esta actividade forma parte do programa de visitas guiadas a diversos elementos patrimoniais da cidade “Coñece o noso patrimonio” organizada polo Instituto de Estudios Tudenses co obxectivo de facilitar un achegamento a diversos espazos patrimoniais tudenses.

Visita guiada aos muiños do Tripes

"Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” é o ´titulo das visitas organizadas  pola Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.

As prazas para a visita do venres 11 e do venres 18 están xa completas. Haberá unha nova visita o venres 25 ás 10 h para a que as persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuíta en turismo@tui.gal.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo