Mañá preséntase o Trail do Aloia que se celebrará na fin de semana
Mañá martes 2 de novembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Trail do Aloia. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase esta fin de semana, o sábado 6 e domingo 7 de novembro, nas instalacións deportivas da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia.