Descenso Popular do Miño
O sábado, 21 de agosto, ás 16 h dende a Ribera de Caldelas sairá unha nova edición do Descenso Popular do Miño, nunha proba non competitiva na que se darán cita centos de persoas, baixo a organización do Club Kaiak Tudense. Os participantes completarán a distancia de 7 quilómetros que hai entre Caldelas e o centro de Tui coa liña de meta na rúa Olímpicos Tudenses.