Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Máis de 200 persoas participarán este sábado na XV Andaina Tudense

Undefined

Máis de 200 persoas participarán este sábado na XV Andaina Tudense organizada polo club AndaTui RegodaPedra coa colaboración do Concello de Tui.

Na presentación desta actividade celebrada onte á tarde na casa do concello de Tui estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, e os responsables do Club AndaTui, José Martínez Tato, Xosé Manuel Novoa, e Lourdes Vázquez.

Agrudebam organiza mañá unha xornada de xogos populares en Tui

Undefined

Mañá martes, 8 de maio, a Agrupación Deportiva Baixo Miño AGRUDEBAM, en colaboración co Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, vai organizar unha xornada de Xogos Populares para o alumnado de 6º de Primaria. Celebrarase no patio do CEIP nº2 de Tui, de 10.00 a 12.00 horas.

Na proba participarán ao redor de 160 nenos e nenas dos colexios CEIP Pazos de Reis, CEP de Caldelas, CEIP de Guillarei, CEIP Nº1 e Nº2 de Tui, e CEIP Sobrada de Tomiño.

O luns preséntase a XV Andaina Solidaria Tudense que se celebrará o sábado 12 de maio

Undefined

O próximo luns, 7 de maio, ás 17.30 horas, na sala de reunións da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XV Andaina Solidaria Tudense, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui.  Celebrarase o sábado 12 de maio.

Recepción do Concello de Tui ao Club Baloncesto Tui polos éxitos acadados recentemente

Undefined

Mañá venres, 4 de maio, ás 18.30 horas, no salón de sesións da casa do concello de Tui, terá lugar a recepción oficial ao Club Baloncesto Tui, en recoñecemento aos éxitos acadados recentemente, ao proclamarse campión galego en categoría cadete e acadar o ascenso do equipo sénior a liga EBA.

Na mesma, estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de deportes de Tui, Andrés Urseira, acompañados doutros membros da corporación, así como a directiva, xogadores e adestradores do Club Baloncesto Tui.

Hoxe ás 17.30h presentación do Curso de Monitor de Fútbol Sala en Tui

Undefined

Hoxe luns, 30 de abril, ás 17.30 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Curso de Monitor de Fútbol Sala, que a Federación Galega de Fútbol organizará en Tui, os meses de maio e xuño, coa colaboración do Concello de Tui e os clubs deportivos de fútbol sala de Tui, A Quinta de Tui FS e o Club Deportivo Tui FS.

Tui acollerá a saída das tropas militares que farán o Camiño de Santiago

Undefined

Este mércores, 25 de abril, a partir das 09.00 horas, dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, ao carón do río Miño, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago.

O IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva a Flote aprázase para o 1 de maio

Undefined

O Club Náutico San Telmo, vén de aprazar até o martes 1 de maio, o IV Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos, na modalidade spinning a flote, que se ía celebrar este domingo no río Miño, entre Goián e Salvaterra do Miño. O aprazamento débese ás previsións de choiva para a fin de semana, e ao elevado caudal do río nestes momentos.

Deporte, música e teatro na programación do sábado de San Telmo

Undefined

O deporte abre a programación do sábado, 7 de abril, nas festas de San Telmo en Tui. Medio centenar de persoas participarán dende ás 10h na Andaina Festas de San Telmo que realizará un percorrido urbano de 8 quilómetros. Unha hora máis tarde comezará a Carreira Popular Solidaria de San Telmo na que se inscribiron 600 persoas nas distintas categorías dende veteranos e senior até pitufos. Entre as novidades deste ano está que se recurta a distancia para as categorías superiores que será de 5 quilómetros.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes