O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
O domingo 29 de maio vaise celebrar a IV Carreira de Orientación Eurocidade Tui-Valença. Haberá unha carreira en Tui e outra en Valença. Poderase participar en ambas ou nunha. A inscrición está aberta até o 25 de maio.
O próximo sábado, 14 de maio, celebrarase a décimo oitava edición da Andaina Solidaria Tudense, un evento que foi presentado esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e o presidente do club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.
Maña xoves, 5 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da Casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da XVIII Andaina Solidaria Tudense, proba organizada polo Club Andatui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase o sábado 14 de maio percorrendo o Parque Natural do Monte Aloia.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente do Club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.
Esta fin de semana celébrase no Parque Natural do Monte Aloia en Tui o Trail do Aloia, un evento que forma parte do calendario de probas deportivas da Eurocidade Tui-Valença e do Pontevedra Trail League. Máis de 500 persoas participarán nesta actividade na que o sábado pola tarde competirán as categorías infantís e xa o domingo as categorías absolutas.
Maña martes, 3 de maio, ás 11 h, nas instalacións da Macoca, no Parque Natural do Monte Aloia, terá lugar a presentación do Trail do Aloia 2022. Este evento está organizado pola empresa NOKO 360 SPORTS CONSULTING, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença, e subvencionado polo proxecto INTERREG UNICIDADE VALENÇA-TUI. Celebrarase esta fin de semana, o sábado 7 e o domingo 8.
Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non faltarán á cita os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.
O sábado, 30 de abril celébrase o XII Enduro Cidade de Tui e Trofeo Ibérico Eurocidade.
A proba está organizada polo Motoclub Randufe e a Liga Galega de Moto de Campo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Motociclismo. Este evento forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade e confinanciado polo programa operativo Interreg Valença-Tui,
A Feira Cabalar de San Telmo neste 2022 gaña en cualidade ao celebrarse en dúas xornada, domingo e luns, ampliar o recinto e incrementar o número de actividades.
Domingo 24
Luns 25
Tui vivirá unha intensa fin de semana de festas de San Telmo, declaradas de interese turístico galego, con actividades culturais, musicais, deportivas, gastronómicas e relixiosas que congregarán a miles de persoas na cidade até o próximo luns, festivo local.