Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui acolle esta fin de semana a primeira proba do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

Undefined

O río Miño ao seu paso por Tui acolle esta fin de semana primeira das tres probas do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Participarán pilotos galegos, entre eles o vigués Keko Pereira, cataláns, andaluces e o inglés Cristian Burguess. As outras dúas probas celebraranse en Tarragona e Jeréz de la Frontera.

Presentación do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60

Undefined

Mañá xoves, 16 de xuño, ás 12.00 horas, na Comandancia Naval do Miño, terá lugar a presentación do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui e a Comandancia Naval do Miño. Celebrarase este sábado 18 de xuño, nas augas do río Miño.

Publicada a listaxe cos requirimentos de emenda de documentación no campamento de verán Igual É +

Undefined

Vense de publicar a listaxe de requirimentos de emenda ás solicitudes de praza presentadas para o campamento de verán Igual É +. Na listaxe indícase a documentación que falta ou se debe corrixir no prazo de 3 días naturais, no caso de non facelo considerarase que a persoa desiste da solicitude.

O alumnado de 6º de Primaria de Tui convivirá dous días na Aloiada 2022

Undefined

Este xoves 16 e este venres 17 de xuño máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria e unha trintena de profesores e profesoras de seis centros educativos de Tui van participar na Aloiada 2022, un proxecto de actividades na natureza que tras dous anos de ausencia debido á pandemia volve celebrarse esta semana.

Mañá martes preséntase a Aloiada 2022

Undefined

Mañá martes, 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Aloiada 2022, proxecto organizado polos colexios de Educación Primaria e Infantil de Tui (CEIPs), en colaboración co Concello de Tui. No mesmo máis de 120 alumnos e alumnas de 6º de Primaria  participarán en diversas actividades no medio natural, tanto no Monte Galiñeiro, coma no Monte Aloia e no río Miño.

O Concello de Tui contratará a tres persoas para apertura das piscinas na temporada de verán

Undefined

O Concello de Tui vai contratar a tres persoas para abrir as piscinas municipais durante a temporada de verán. Por este motivo está convocado o proceso selectivo para cubrir estas tres prazas de forma temporal e crear unha lista de reserva. En concreto contratarase a dúas persoas a tempo parcial e unha persoa a tempo completo para o posto de operario/a de servizos diversos e mantemento.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes