Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A tudense Uxía R.M. presenta por vez primeira a súa obra artística

Undefined

Este xoves, 15 de febreiro, ás 19.30 h inaugúrase na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no Edificio “Francisco Sánchez”, a exposición “Natural artificial” da tudense Uxía R.M. Esta é a primeira vez que esta artista presenta a súa obra nunha mostra. Na exposición reúne unha selección de obras realizadas dende que comezou a carreira de Belas Artes ata a actualidade. Na mesma presenta os seus traballos en disciplinas artísticas: principalmente pinturas acrílicas o ao óleo pero tamén fotografía e debuxo.

Exposición "Natural Artificial" de Uxía R.M

Do 15 de febreiro ao 16 de marzo poderá visitarse na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a exposición "Natural Artificial" de Uxía R.M. 

A inauguración terá lugar o xoves, 15 de febreiro, ás 19.30 h. 

Esta é a primeira exposición da tudense Uxía R.M. Reúne unha selección de obras realizadas dende que comezou a carreira de Belas Artes ata a actualidade. Na mesma presenta os seus traballos en disciplinas artísticas: principalmente pinturas acrílicas o ao óleo pero tamén fotografía e debuxo.

800 persoas de 12 comparsas participarán o martes no Desfile-Concurso  de Entroido en Tui

Undefined

Un total de 800 persoas pertencentes a 12 comparsas van participar o próximo martes, 13 de febreiro, no XXXV Concurso Desfile de Entroido en Tui, enchendo de corido, animación, música,.. as rúas novas da cidade.

O desfile comezará ás 17.30 h para realizar un percorrido polo circuíto establecido nas rúas Mártires de Sobredo, Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. Das 12 comparsas inscritas 4 son de Tui, e as outras chegarán dende Salceda, Gondomar, Nigrán, Porriño, Redondela, Pontecaldelas, Vigo e Tomiño, irán acompañadas dun total de 15 carrozas.

Vero Rilo e Sonsoles Penadique presentan este venres en o espectáculo de narración e música “Triscus Beliscus”

Undefined

Vero Rilo e Sonsoles Penadique estarán este venres, 9 de febreiro, no Teatro Municipal para presentar “Triscus Beliscus”. Haberá dobre función ás 17.30 h e ás 19.00 h cun aforo limitado a 100 espectadores por función.

Triscus Beliscus é un espectáculo e taller de narración oral e música para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. A narradora e educadora Vero Rilo  e a música e educadora y música Sonsoles Penadique propoñen xogar, contar, cantar e bailar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ao longo de 30 minutos.

Contraproducións abre a programación no Teatro Municipal coa comedia “Entrega en man”

Undefined

Comeza a programación deste 2024 no Teatro Municipal de Tui. Este venres ás 21 h Contraproducións representa a comedia “Entrega en man”, unha obra escrita por Martin McDonagh e adaptada e dirixida por Cándido Pazó. Un texto no que o real e o absurdo se atopan falando das cousas pero sen falar. O elenco está formado por Evaristo Calvo, Santi Romay, Diogo Sales e María Roja.

Teatro, música e cinema centran a programación teatral de febreiro e marzo en Tui

Undefined

Contraproduccións, Rilo e Penadique, Roi Borrallas, Gramola Gominola e Con de tres pés actuarán no Teatro Municipal de Tui nos meses de febreiro e marzo. As funcións terán lugar cada venres e inclúen tamén a proxección de “O corno” de Jaione Camborda.

Esta nova programación está  formada por un total de seis espectáculo dirixidos tanto a público adulto coma familiar. As entradas están xa á venda a través de tui.gal e poderán adquirirse até 10 minutos antes do inicio da cada función.

Con de tres pés con "Síbaris"

A programación cultural dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui pecharase o venres, 15 de marzo, ás 21 h Con de tres Pes coa representación de  “Síbaris”. Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa levan a escena a obra teatral póstuma de Domingo Villar. Un escritor, Víctor Morel, está nun bloqueo creativo que afecta a súa situación económica. A piques de tocar fondo a súa muller atopa unha saída.  A entradas pódense adquirir aos prezos de 12€ e 9€.

A Gramola Gominola con "as que máis molan da Gramola"

A música abrirá a programación de marzo no Teatro Municipal de Tui. O venres 1 ás 19 h,  co concerto “As que máis molas da Gramola” no que  Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Múñoz, A Gramola Gominola, interpretarán unha selección das mellores cancións rockeiras da súa carreira. As entradas están á venda aos prezos de 5€ e 3,5€.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura