Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

As Xornadas Rosendo Salvado continúan a difusión e posta en valor da vida e obra deste tudense universal

Undefined

O vindeiro venres, 1 de marzo, cúmprense 210 anos do nacemento, no barrio de Riomuíños da nosa cidade, de Rosendo Salvado Rotea un dos tudenses máis egrexios ao longo do tempo.  Da súa polifacética actividade de escritor, músico, naturalista, antropólogo e líder relixioso salientan os seus esforzados traballos canda o mundo aborixe, desenvolvidos na comunidade beneditina de Nova Nursia en Australia Occidental.

Tui celebra o Día de Rosalía con diversas propostas para lembrar a nosa poeta máis universal

Undefined

A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración arredor deste venres, 23 de febreiro, do “Día de Rosalía” en que se celebra o 187 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

Día de Rosalía

A Concellería de Cultura do Concello de Tui promove a conmemoración arredor deste venres, 23 de febreiro, do “Día de Rosalía” en que se celebra o 187 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Estes son os actos previstos: 

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Undefined

Tui prepárase para despedir o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau que reunirá a máis de mil persoas participando activamente nunha festa que conta con gran tradición na cidade. Máis aló das persoas integrantes das doce comparsas que o martes participaron no Desfile-Concurso, son moitas outras as que neste día completamente vestidos de loito se suman á comitiva para acompañar ao bacallau. Son xa moitos os que dende primeira hora da mañá comezan a festa nas rúas de Tui, e participan en xantares protagonizados por pratos de bacallau.

Roi Borrallas presenta mañá venres no Teatro Municipal “Solo”

Undefined

“Solo” é o título do espectáculo que Roi Borrallas presenta mañá venres, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui.  No mesmo combina monicreques, manipulación de obxectos, máscaras…nun escenario convertido en camerino no que un espello separa ou conecta ao artista do público. Coreografías faciais, máscaras con escuma de afeitar,óperas épicas... son algunhas das ferramentas que utiliza Roi Borrallas nesta peza para, a través do humor, falar da soidade e das máscaras que todos nos poñemos a diario.

Do 20 ao 29 de febreiro poderán presentarse as solicitudes para as atraccións e postos nas festas de San Telmo

Undefined

Do martes 20 ao xoves 29 de febreiro será o prazo para que as persoas interesadas presenten a solicitude para a montaxe de postos ou atraccións nas festas de San Telmo. O modelo de solicitude xunto á documentación requirida debe presentarse por sede electrónica no Concello de Tui ou no rexistro xeral na casa do concello.

A montaxe das atraccións realizarase o 19 e 20 de marzo, e a revisión técnica terá lugar o 21 de marzo. As atraccións e postos deberán estar coma mínimo montados entre o 30 de marzo e o 8 de abril.

A comparsa “Terra dos Mil Segredos” da Asociación Cultural O Borraliño gañadora do Entroido Tui

Undefined

Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para gozar coa creatividade, o corido, o humor, a imaxinación… das 12 comparsas participantes no Desfile-Concurso de Entroido en Tui.

 

A comparsa da Asociación Cultural “O Borraliño” de Soutelo de Salceda con “Terra dos mil segredos” foi a gañadora na categoría xeral e tamén en carrozas no desfile-concurso.  A catedral de Santiago, cunchas de peregrino, pementos de padrón, polbo, ou cervexa galega formaron parte da súa representación de Entroido.

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura