Mañá preséntanse as Festas de San Telmo 2024
Mañá venres, 15 de marzo, ás 11 h na sala de reunións da Casa do Concello de Tui presentarase a programación das Festas de San Telmo 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Mañá venres, 15 de marzo, ás 11 h na sala de reunións da Casa do Concello de Tui presentarase a programación das Festas de San Telmo 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril.
18.00 h na Capela das Reliquias da S. I. Catedral
Pregón da Semana Santa A cargo de D. José María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. Pequeno concerto a cargo de alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.
Mañá 15 de marzo abre o prazo para inscribirse no Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024. A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas pecharase o 30 de abril, mentres que as inscricións para profesionais permanecerán abertas ata o 8 de setembro. En ambos casos, a participación é gratuíta a través da web mumimusicas.eu.
Máis de 250 entradas van xa vendidas para representación de “Síbaris” por Con de Tres Pés que este venres pecha a programación dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui. O público poderá gozar a partir das 21 h desta representación que leva a escena a obra teatral póstuma do escritor Domingo Villar.
Lois Blanco dirixe ao elenco formado por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa.
A Semana Santa de Tui é única e singular en Galicia. Así o expuxo esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, na presentación do libro editado polo Concello de Tui no que se recolle o programa previsto dende o domingo 17 ao domingo 31 deste mes de marzo en Tui, xunto a numerosas fotografías de Chico Bugarín dos distintos actos previstos, así coma un texto no que se recolle a escenificación do Horto das Oliveiras, da que hai referencia documental da súa celebración xa no ano 1818.
O tudense Víctor Aparicio Abundancia é o autor do cartel anunciador das festas de San Telmo deste ano 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril. O polifacético tudense, músico, deseñador gráfico, autor de sainetes teatrais, realizador de documentais e videoclips e autor de cómics asumiu con ledicia e satisfacción o encargo realizado polo Concello de Tui para deseñar a imaxe das festas patronais deste ano.
O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, ás 21 h, a proxección de “O Corno” de Jaione Camborda, coincidindo co 8M, Día Internacional da Muller.
O filme foi galardoado coa Concha de Ouro á mellor película no Festival de San Sebastián.
Janet Novás, que vén de recibir o Premio Goya á mellor actriz revelación polo seu papel neste filme, encabeza o reparto formado por Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido.
Mañá venres, 1 de marzo, finalizan as Xornadas Rosendo Salvado que promove o Concello de Tui para a difusión da vida e traxectoria deste singular tudense. Coincidindo co CCX aniversario do seu nacemento na nosa cidade na tarde do venres desenvolvérase unha visita guiada a diversos lugares da cidade ligados á memoria do egrexio frade beneditino.
A música encherá este venres, ás 19h, o Teatro Municipal de Tui con A Gramola Gominola interpretando os éxitos máis destacados da súa carreira en “As que máis molan da Gramola”.
A Gramola Gominola naceu en 2015. Está formada por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxelo de Xermar e Rodrigo Muñoz. En 2018 recibiron o Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil.
Contan con tres libros-discos A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) e Bravas.O rexurdir da luz (2019).