Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A Biblioteca Pública Municipal de Tui pon en marcha unha “bibliopiscina”

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui pon en marcha unha “bibliopiscina” A Concellería de Cultura do Concello de Tui, por medio da Biblioteca Pública Municipal, pon en marcha dende estes días unha novidosa iniciativa na nosa cidade: a bibliopiscina. Esta iniciativa consiste en ofrecer aos usuarios da Piscina Municipal unha escolma de libros da Biblioteca Municipal cos que encher o seu tempo de lecer nestas instalacións entendendo que deste xeito favorece o seu desenvolvemento como persoas, foméntase a adquisición de valores e promóvese un entretemento creativo.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura