Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Treixadura estará en concerto no Espazo Feiral mañá domingo nas Festas de San Telmo

Undefined

A música protagoniza a segunda xornada das festas de San Telmo en Tui, declaradas de Interese Turístico Galego.

O grupo Treixadura estará en concerto no Espazo Feiral a partir das 20 h dentro da Xira Treixadura 2023.  No mesmo revisarán a súa discografía, prestando especial atención ao seu último disco Camiño longo, no que recuperan as melodías dos inicios do interpretando os temas emblemáticos destas tres décadas de carreira musical.

Os grupos de Randufe, Rebordáns, Caldelas e Pazos de Reis participan na XIII Semana de Teatro Amador

Undefined

As artes escénicas están moi presentes na programación das Festas de San Telmo 2023.  O teatro será o protagonista dende o martes até o venres no Teatro Municipal de Tui da man de catro grupos locais que estrearán novas obras na XIII Semana de Teatro Amador. 

As Festas de San Telmo contarán coas actuacións de cinco bandas de música popular

Galego

A música é, sen dúbida, a gran protagonista destas Festas de San Telmo 2023.  Así o reflicte a cantidade de eventos musicais para todos os gustos e públicos que recolle a programación deste ano. Neste amplo abano de actuacións a música popular tamén terá un importante protagonismo nas xornadas festivas que Tui vivirá dende este sábado grazas ás actuacións de cincos bandas de música popular.

XIII Semana de Teatro Amador

Dentro da programación das Festas de San Telmo 2023 o Teatro Municipal de Tui acollerá entre o martes 11 e o venres 14 a  XIII Semana de Teatro Amador. As entradas para cada representación están xa á venda no enlace que figura a continuación. Amais cada xornada ás 20 h poranse á venda 100 entradas no despacho de billetes para a representación desta noite.  

Martes 11 ás 21 h o grupo de Teatro Chirlomirlo de Randufe estrea “Don Quixote”.

Paco Nogueiras, o Rey Midas, Brais das Hortas, Patty Difhusa e Migallas actuarán para o público familiar nas Festas de San Telmo

Undefined

Paco Nogueiras, o Rey Midas, Brais das Hortas, Patty Difhusa e Migallas serán os protagonistas dos espectáculos para público familiar na carpa da Corredoira dentro da programación das festas de San Telmo. A cita será cada día ás 18:00 h entre o martes 11 e o sábado 15.

O martes 11, o Rey Midas ofrecerá o seu espectáculo “Maxia cómica”, no que mesturará trucos de ilusionismo con episodios cómicos para conectar cos máis pequenos e pequenas.

Arce ‘Perro Viejo’ actuará no Espazo Feiral o sábado 15 nas Festas de San Telmo

Undefined

No marco dos eventos musicais das Festas de San Telmo, Tui tamén contará cunha programación especialmente dedicada ao público máis novo. Arce ‘Perro Viejo’, DJ Mesu e DJ Enter ofrecerán o sábado 15 no Espazo Feiral de Tui un concerto que mesturará os versos do rapeiro compostelán e as mesturas destes dous disc-jóckeys que amenizarán a festa até a entrada da madrugada. 

San Telmo - Domingo 9

  • 12.00h - Na praza da Inmaculada II Encontro de Viños da Raia + info 
  • 12.30h – 13.30h Na Carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui
  • 17.00h – 20.00h No Teatro Municipal, Festival Folclórico. 
    • Participan San Telmo(Tui), Traxe Tradicional (Tui), Seixos Albos (Areas), Lembranzas da Terra (Guillarei), Inquedanzas (Pazos de Reis), O Mosteiro (Pexegueiro), Xuntanza (Randufe), e Santa Columba (Ribadelouro)

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura