Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Rodrigo Buján recibiu o premio do IV Concurso de microrrelatos da Red de Juderías de España

Galego

O alumno de 2º da ESO do Colexio Santa María – Maristas de Tui, Rodrigo Buján Fernández, foi seleccionado como un dos gañadores do IV Concurso de microrrelatos convocado pola Red de Juderías de España entre os alumnos de 1º e 2º de educación secundaria de toda España.

A escritora Ledicia Costas mantén o un encontro cos clubs de lectura da Biblioteca

Undefined

Os Clubs de Lectura que promove a Biblioteca Municipal de Tui manterán o próximo martes, 20 de xuño, un encontro coa escritora Ledicia Costas. Estará centrado especialmente na súa novela “Golpes de luz” (2021) así como na súa traxectoria literaria. Esta actividade significa tamén o fin deste curso de actividade de animación á lectura promovida pola Biblioteca tudense.

Ruta Literaria por Tui dentro do programa Tui en Letras

Undefined

Dentro da programación de ‘Tui en Letras’ este venres terá lugar unha nova ruta literaria pola cidade de Tui  na que os participantes percorreran diversos lugares da cidade vinculados a figuras literarias tudenses coma a casa familiar dos Álvarez Blázquez, a residencia vacacional de Camilo José Cela, a antiga igrexa de San Xoán do Porto vinculada co troveiro medieval Golparro, a rúa onde residiu o historiador Francisco Ávila y Lacueva, … Tamén se vistiarán outros enclaves relacionados con Faustino Rey Romero, María Tydeska (María Gloria Pereira).

Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui con motivo do Día Internacional dos Arquivos

Undefined

O xoves, 8 de xuño, haberá unha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui, con motivo do Día Internacional dos Arquivos.

O Día Internacional dos Arquivos celébrase o 9 de xuño, data na que se conmemora a creación en 1948, auspiciada pola UNESCO, do Consello Internacional de Arquivos, unha organización internacional non gubernamental destinada a promover a xestión e uso eficientes dos documentos de arquivo, así como a preservación do patrimonio arquivístico da humanidade.

Últimos días para participar nos showcases do MUMI 2023

Undefined

Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI. As inscricións son gratuítas e poden facerse ata o próximo venres 2 de xuño a través da web mumimusicas.eu. Poden presentarse todas as bandas ou artistas de Portugal e Galiza que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo.

Tarabelos Teatro presenta o mércores na Biblioteca “O traxe novo do Rei”

Galego

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle este mércores, 24 de maio, ás 18 h a representación de “O traxe novo do rei” da man da compañía de monicreques Tarabelos Teatro. É un espectáculo para público infantil recomendado a partir dos 3 anos. Está baseado nun conto clásico de Hans Christian Andersen.

Tui énchese de libros e animación para celebrar o Día das Letras Galegas

Undefined

Este mércores, Día das Letras Galegas, celébrase a XXIV Feira do Libro Galego, no Paseo da Corredoira. Participarán as librarías Iris e Nobel con trece postos de exposición e venda de libros, nos que haberá un 10% de desconto.

A concellería de Ensino e Cultura, que dirixe Sonsoles Vicente, elaborou un amplo e variado programa de actividades a celebrar ao longo da xornada para dinamizar esta feira do libro e para a promoción das nosas letras, a cultura e a lingua de Galicia nesta celebración do 17 de maio.

Mañá terá lugar a presentación da IV Edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI 2023

Undefined

Mañá xoves, 11 de maio, ás 11 h ES na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal, MUMI. 

Na presentación participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Ánxela Vila e Diana Martins, representantes do MUMI en Galiza e Portugal.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura