Alumnado da Escola Infantil Galiña Azul visitan esta semana a Biblioteca Municipal
Ao longo desta semana os nenos e nenas da Escola Infantil “A Galiña Azul” de Tui visitan a Biblioteca Municipal tudense para coñecer as súas instalacións e participar na lectura dun conto por parte do persoal da biblioteca.
Previamente foi realizado o carné da Biblioteca a todo o alumnado o que lle da acceso aos servizos bibliotecarios, especialmente ao préstamo domiciliario de libros. Deste xeito, todos os rapaces e as rapazas participantes nesta actividade levan unha obra, que eles mesmos escolleron, para a lectura no seu domicilio.