Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá terá lugar a presentación da IV Edición do Encontro Profesional de Músicas MUMI 2023

Undefined

Mañá xoves, 11 de maio, ás 11 h ES na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal, MUMI. 

Na presentación participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Ánxela Vila e Diana Martins, representantes do MUMI en Galiza e Portugal.

Máis de 130 persoas participan no programa Cultiva a Mente en nove parroquias tudenses

Undefined

Un total de 134 persoas participan no proxecto Cultiva a Mente, impulsado polo Concello de Tui en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), en nove parroquias tudenses.

O principal obxectivo desta iniciativa é previr o deterioro neurodexenerativo e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo, emocional, físico, funcional e social, promovendo un envellecemento activo. Actualmente, o 83% das participantes son mulleres e a idade media dos usuarios e usuarias é 76,5 anos.

O Consorcio de Augas do Louro dota de fibra óptica á EDAR

Undefined

O Consorcio de Augas do Louro, do que forman parte os concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos, está a executar as obras que permitirán unir a través dunha rede de telecomunicacións fixa mediante fibra óptica, o nó de comunicacións máis próximo localizado na PO-404 no lugar de A Pinza, coa súa sede central, situada na estación depuradora de augas residuais (ETAP) de Guillarei, en Tui.

A Oficina de Turismo recibiu en abril máis de 3.300 visitantes, un 17% máis que o pasado ano

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de abril deste ano 2023 un total de 3.363 visitantes, o que supón un incremento do 17,8% con respecto aos datos do pasado.

No desglose de cifras, en total foron atendidos 2.319 turistas dos que 133 eran de procedencia internacional. Portugal encabeza esa listaxe con 47 visitantes o pasado mes de abril, seguida de Francia (13), Estados Unidos (12), Arxentina (10), Alemaña (8), México (7) e Cuba (6).

Tui recibirá dous millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”

Undefined

O Concello de Tui recibirá 2 millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, PSTD,  “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”.  Así llo vén de comunicar a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, ao pasar o corte para entrar dentro do financiamento do Plan Territorial de Vilas termais e Cascos Históricos de Galicia 2023”. 

O martes celébrase pleno extraordinario para a designación, mediante sorteo, das persoas que integrarán as mesas electorais o 28M

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará o próximo martes, 2 de maio, ás 10 h pleno extraordinario cun único asunto na orde do día día que será a designación, mediante sorteo, das persoas que integrarán as mesas electorais correspondentes ás eleccións locais convocadas para o vindeiro 28 de maio de 2023. 

Mañá ás 19.15 h asínase o acordo de doazón da biblioteca de cine de Daniel Domínguez ao concello de Tui

Undefined

Mañá xoves, 27 de abril, ás 19.15 h terá lugar na Biblioteca Municipal de Tui a sinatura do acordo de doazón da biblioteca de cine e doutras coleccións de Daniel Domínguez Pérez, o guionista tudense falecido no ano 2020, ao concello de Tui. O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da viúva de Daniel Domínguez, María de los Ángeles García Domínguez.

Deste xeito a Biblioteca Municipal de Tui pasará a contar cunha sección especial integrada por preto de 2 mil obras especializadas en cine e con máis de 500 filmes en DVD.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía