Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui renova a súa presenza dixital cunha web dinámica e accesible dende distintos dispositivos

Undefined

O Concello de Tui contará nos próximos días cunha nova web municipal que brindará información máis completa e facilitará os tramites aos cidadáns. O novo portal, realizado baixo a tecnoloxía do xestor de contidos Drupal e totalmente accesible dende plataformas móbiles, marcará un punto de inflexión na presenza do Concello de Tui en internet brindando un acceso máis rápido e áxil.

Presentación do Festival de Outono de Corais de Tui

Undefined

Mañá, venres 6 de outubro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación do Festival de Outono de Corais de Tui, que se celebra o vindeiro mércores, 11 de outubro.

A presentación correrá a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde; Mª José González, concelleira de Ensino; José Manuel Martínez González, presidente da Coral Centro Social; Vicente Álvarez Fernández, tesoureiro da Coral San Telmo; e Marta Rodríguez, presidenta da Coral Ponte das Febres.

A corporación municipal de Tui celebra pleno este xoves 28 de setembro

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 28 de setembro, ás 20h pleno de carácter ordinario con 16 puntos a orde do día. Estes son os asuntos a tratar:

  1. Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº7, de 27 de xullo.

2º.- Toma de posesión de Dona María Jesús Da Silva Fernández á vista da Credencial remitida pola Xunta Electoral Central.

Este sábado terá lugar en Tui o Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”

Undefined

O Centro de Interpretación do Camiño, situado no antigo Convento de San Domingos, será o escenario este sábado, 30 de setembro, do Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”, organizado por Iacobus Tui e Baixo Miño, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra.

Tui conta cunha nova senda sinalizada de dez quilómetros de lonxitude

Undefined

A senda da Pedra Santa, cunha lonxitude de 9.995 metros, súmase á rede de sendeiros cos que conta o concello de Tui debidamente sinalizados e identificados. O Concello de Tui vén de colocar nos últimos días os carteis explicativos do percorrido e de limpar un pequeno tramo do mesmo logo de que o club AndaTui levase a cabo a súa sinalización en branco e verde, por tratarse dunha senda local de menos de 10 quilómetros de acordo as marcas federativas.  

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía