Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concello de Tui saca a licitación a elaboración dun informe sobre estado das vivendas de Caldelas

Undefined

O Concello de Tui vén de sacar a licitación a contración do contrato de servizos para a elaboración dun informe/ditame/proposta sobre as patoloxías presentes do edificio das vivendas rehabilitadas polo Concello do antigo cuartel da Garda Civil de Caldelas. O importe da licitación ascende a 5.445€.

O Concello de Tui presenta á xefatura de Educación a Macoca coma novo emprazamento para o CEIP de Pazos de Reis

Undefined

O Concello de Tui, a travaés do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, presentaron hoxe ao xefe territorial de Educación, César Pérez Areas, a proposta para emprazar na Macoca o novo colexio de Pazos de Reis.

O martes ás 11h será inaugurada en Tui a exposición Sorrisos Tranformadores

Undefined

O próximo martes, 20 de febreiro, ás 11h terá lugar a inauguración da exposición “Sorrisos Transformadores” da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Carmen Muradás, e a deputada de Servizos Sociais, Digna Rivas.

Tui celebrará en xullo o Pacto de Tui

Undefined

O goberno municipal de Tui aposta pola celebración do Pacto de Tui, cunha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa a sinatura deste pacto que tivo lugar o 4 de xullo do 1.137.  Con este evento crearíase marca cidade, xa que tal e coma o nome do propio pacto indica só se podería celebrar en Tui, e ao tempo cubriría a carencia dun festexo importante estival, combinando no mesmo o compoñente medieval, e o atractivo de concertos destacados.

O Concello de Tui terá en 2018 un orzamento de 8,1 millóns de euros

Undefined

O proxecto definitivo de orzamentos xerais do concello de Tui para 2018 ascende a 8.173.010,32€. Trátase dun orzamentos serios,  realistas, expansivos e responsables cos que queren crear as bases para unha organización máis eficiente no concello. Así o expuxo esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, en rolda de prensa, acompañado polos membro do equipo de goberno Antonio Castro, Mila González, Eduardo Freiría, Estrella Carmen Muradas e Mª Jesús da Silva. As contas municipais serán levadas ao pleno ordinario do próximo xoves 22 de febreiro.

Presentación do goberno municipal en Caldelas

O venres, 9 de febreiro, ás 21h na Casa Cultural de Caldelas o goberno municipal de Tui se presentará aos veciños desta parroquia, facendo a exposición do traballo que queren realizar no rural.  Neste acto tamén presentarán ao representante dos veciños de Caldelas, que servirá de enlace para canalizar as peticións da parroquia co goberno municipal. Os asistentes poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Carlos Vázquez Padín, coma aos outros concelleiros do equipo de goberno

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía