Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui presenta á xefatura de Educación a Macoca coma novo emprazamento para o CEIP de Pazos de Reis

19/02/2018
Reunión na xefatura provincial de Educación

Na reunión celebrada esta mañá acordaron que o Concello asumirá as obras da cociña do novo comedor do CEIP nº2 e a Consellería o mobiliario

O Concello de Tui, a travaés do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a concelleira de Educación, Mila González, presentaron hoxe ao xefe territorial de Educación, César Pérez Areas, a proposta para emprazar na Macoca o novo colexio de Pazos de Reis. A proposta foi ben recibida polo representante da Xunta e queda pendente do envío por parte do Concello dun informe urbanístico da parcela, para estudar se cumpre cos requirimentos urbanísticos precisos ou é necesario realizar algúnha modificación puntual do PXOM, para permita inicia a tramitación pertinente de cara a iniciar o proceso que faga realidade esta vella demanda tudense.

Tra o encontro desta mañá o mandatario tudense amosou a súa satisfacción polo compromiso logrado por parte da administración autonómica que redundará na mellora dos centros educativos tudenses, solucionando problemas ou carencias que hai nalgúns deles.

Coma prioridade está o compromiso acadado para a posta en marcha do novo comedor escolar – na antiga casa do conserxe – no CEIP nº2 de Tui, que permitirá dar solución á necesidade de maior capacidade para este servizo que presta o centro. Para a súa posta en marcha a Consellería de Educación asumirá o investimento preciso para dotar ao novo comedor do mobiliario preciso coma mesas e cadeiras, mentres que o Concello asume a execución das obras para o equipamento da cociña que se realizarán en breve.

Tanto o alcalde coma a concelleira de Educación valoraron positivamente o compromiso acadado para realizar obras nos distintos centros educativos coma un Plan de Accesibilidade no CEIP de Guillarei, así coma outros traballos en Randufe, Caldelas, e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.