Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Os grupos tudenses amosarán o alto nivel do folclore local no festival que este domingo ás 18h se celebrará no Teatro Municipal

Galego

O domingo, 16 de abril, segundo día das festas de San Telmo, o programa comezará ás 12.30h co concerto da Banda de Música Popular de Tui no Paseo da Corredoira. As rúas do centro urbano contarán dende ás 17h coa animación musical da charanga Cantos Somos.

VI Festa Gastronómica 2016

A Concellería de Ensino e Cultura organiza a VI Festa Gastronómica, que se realizará o sábado 13 de agosto de 2016 dentro das actividades da Festa do Miño 2016. Convócanse 10 postos dobres de venda directa para a promoción do produto natural, autóctono e artesá; así como a dinamización do día da Festa do Miño no centro da cidade e Centro Comercial Aberto.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura