Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Contraproducións de Vedra con "Nacidas Libres"

Unha ollada fresca  dende a perspectiva de xénero a temas coma a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración… é a que ofrece a peza teatral que montan catro actrices en paro sobre unha noticia de actualidade.

Autor: Cándido Pazó

Dirección: Cristina Domínguez

Escenografía: Carlos Alonso

Música e son: Guillerme Fernández

Iluminación: Afonso Castro

Elenco: Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño

Xénero:  Teatro Comecia

Clasificada: Público adulto

Redrum de Santiago de Compostela con "A nena que quería navegar"

Dentro de cada un de nós hai unha persoa única e especial aínda que as veces non nós decatemos. Iso lle aconteceu á Nena logo das mofas dos seus compañeiros da escola atá que o Xeadeiro lle fai recuperar a autoestima con contos, xogos e cancións.

Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño

Dirección: Alex Sampayo

Escenografía: Alex Sampayo e Escenoset

Música: Suso Alonso

Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Elenco: Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio

Xénero:  Comedia Musical

Clasificada: Público familiar

Caramuxo Teatro da Coruña con "Redondo"

Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos.

Autor: Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón

Dirección: Laura Sarasola Pontón

Son e iluminación: Suso Jalda

Escenografía: Caramuxo Teatro

Elenco: Juan Rodríguez

Xénero:  Teatro para bebés

Clasificada: Público familiar

Recomendada: de 6 meses a 3 anos

Duración: 30 min.

Idioma: Galego

Pista Catro de Santiago de Compostela con "Outono"

A compañía de novo circo galego Pistacatro celebra os seus dez anos reunindo a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos con música en directo. É unha celebración da amizade e do fracaso. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Autor: Pistacatro Productora de Soños S.L            

Dirección: Antón Coucheiro        

Música: Xabier Mera

Son: Ghato

Escenografía: Uxia P. Vaello        

Iluminación: Javier Quintana

Elenco: Aitor Garuz, Natalia Outeiro “Pajarito”, Pablo Reboleiro e Manu Lago

A Panadaría do Porriño "Elisa e Marcela"

Elisa e Marcela foron o primeiro matrimonio homosexual en Galicia, casaron o  8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero, de defensa dos seus dereitos…

Autores:  Esther Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría

Dirección: Gena Baamonde

Vestiario e caracterización: Fany Bello

Música: Ailén Kendelman

Iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro

Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Xénero:  Comedia Musical

Artesacia da Coruña con "Chola a it girl"

Unha chamada inesperada da un xiro ao Show de Chola, unha blogueira e youtuber do rural galego 100% ecolóxica. Transmite un titorial para converterse nunha “ It Girl Rectificada” en dez sinxelos pasos.

Autora e directora: Laura Villaverde

Escenografía e iluminación:  Roi Fernández

Música: Lucía Martínez

Movemento escénico: Fran M Buceta

Elenco: Laura Villaverde

Xénero:  Teatro contemporáneo

Clasificada: Todos os públicos

Recomendada: +10 anos

Duración: 60 min.

Idioma: Galego

Ilmaquinario de Ourense con "Resaca"

Alex marcou a vida de cinco amigos, que tras a súa desaparición deciden lembrar quen foi a través de recordos, cadernos, fotos, música… Memoria, reflexión, recordo,… para entender o presente pero tamén o futuro, nun espectáculo que é unha celebración da vida e da amizade.

Autores: Tito Asorey e Ana Carreira

Director: Tito Asorey

Escenografía: Montse Piñeiro e Laura Iturralde

Música: Vadim Yukhnevich

Iluminación: José Manuel Faro “Coti”

Elenco: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vazdim Yukhnevich

Trompicallo de Abegondo presenta "Planeta Ardora"

A un planeta moi lonxano van chegando habitantes do máis variado: un verme, un ancián, ... e todos queren quedar e construír cousas novas, facer un fogar... Pero tamén chegan habitantes que queren o contrario. Qué ten o lugar? A resposta está na luz.

Idea orixinal e dirección: Marián González

Escenografía: Luís González e Marián González

Música: Ignacio Sanz

Elenco: Sabela Amado Rojo, Marián González e Luís González

Xénero:  Teatro/Monicreques

Clasificada: Público familiar

Recomendada: + 2 anos

Duración: 50 min.

Best Boy actúa este sábado no concerto Fin de Verán en Tui

Undefined

A música dos Best Boy despedirá este sábado o verán en Tui nunha iniciativa da Asociación Cultural Betún na que colabora o Concello de Tui a través das concellerías de Ensino e Cultura e de Patrimonio. A praza de Fromista será o escenario, en pleno conxunto histórico, dunha festa na que música e gastronomía irán da man a partir das 20.30h.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura