Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Un total de 27 embarcacións, de 4x e 8+, de 14 clubs galegos e portugueses participarán este sábado na XLIII Regata Miño Internacional. A proba está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
Mañá xoves, 18 de xaneiro, ás 11.30 horas, no salón de plenos do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLIII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 20 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
O Consello de Goberno da Radio Municipal de Tui está xa constituído para os próximos catro anos. Está presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que onte non puido asistir á reunión de constitución.
Onte, mércores 3 de xaneiro, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui acolleu o acto de entrega dos premios do concurso de debuxo escolar destinado a escoller a Postal de Nadal do Concello de Tui. Trátase da cuarta edición deste certame que contou con postais enviadas por alumnos e alumnas dos seguintes centros escolares tudenses: CEIP’S de Caldelas, Pazos de Reis, Randufe, Guillarei e Rebordáns así como o Colexio Santa María – Maristas de Tui.
Tui afronta a derradeira semana do ano 2023 con variedade de actividades vinculadas ás datas de Nadal.
No Paseo da Corredoira continúa até o próximo 5 de xaneiro o Mercado de Nadal. Onte comezou a terceira quenda de expositores na que participan dezasete postos.
Un total de vinte persoas comezaron a súa formación nas especialidades de “Forestal” e “Madeira” no novo obradoiro dual de emprego “Senda río Miño: Areeiros-Penedo” que foi presentado este mediodía na casa do concello de Tui.
A cita anual das festas de Nadal é unha fermosa oportunidade para recuperar os valores que encamiñan a nosa existencia, para rememorar que somos seres cuxa existencia está enraizada na relación, na creación de comunidade. Pois o Nadal nos aprende que todos, ata os máis pequenos, somos imprescindíbeis para os outros.
O Concello de Tui recibe mil incidencias anuais a través da APP municipal posta en marcha no ano 2020. A aplicación, de descarga gratuíta en Play Store e App Store, co nome de “Concello de Tui” permite o acceso ás noticias, á axenda, ao rueiro, a rutas, directorio, vídeos, ou servizos municipais. Amais as persoas usuarias reciben avisos mediante unha alerta tanto de eventos culturais ou deportivos, coma de avarías ou incidencias de tráfico.
A San Silvestre Solidaria de Tui agarda bater un novo récord de participación, superando as 600 persoas participantes, na súa segunda edición o próximo sábado 31 de decembro. A proba foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui.