Concerto Solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui
O Teatro Municipal de Tui acolle o sábado, 25 de novembro, ás 20 h, o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui no que as bandas sonoras conformarán o repertorio previsto.
A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño – Baixo Miño. Leite, cacao, legumes en conserva, galletas, son algúns dos produtos máis demandados, pero tamén se poden entregar outros vinculados ás celebracións do Nadal.