Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui pon en marcha un sistema innovador de pagos ao través de código QR

16/10/2014

 

Xoves, 16 de outubro de 2014. Dende este luns os recibos municipais do Concello de Tui pódense pagar ao través dun código QR impreso no propio recibo. Ao escanear o código cun teléfono móbil ou tableta  se accede directamente á pasarela de pago onde se debe introducir os datos da tarxeta coa que se desexa aboar o importe e opcionalmente un correo electrónico para recibir o xustificante de pago do recibo. Así o explicaron esta mañá na presentación deste sistema o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e Joaquín Alonso, da empresa eteris, acompañados polos concelleiros Vanesa Rodríguez e José Ángel Villaverdes, e pola tesoureira municipal.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou que este é un proxecto pioneiro co que se busca seguir mellorando a atención que se presta ao cidadán, ao tempo que destacaba que tamén se manterá o sistema de pagamento tradicional que se viña empregando até o de agora.  Mentres Joaquín Alonso de eteris sinalou a implantación do pago ao través do código QR xurde ante o maior uso que cada vez se fai dos dispositivos móbiles, ao tempo que se potencia  a Lei de acceso electrónico de forma real e efectiva.

 

O Concello de Tui coa implantación deste innovador modelo de pago convértese en referencia tanto a nivel galego coma español. Técnicos municipais teñen colaborado ao longo dos últimos anos nun sistema de información recadatorio que se foi implantando de xeito modular. O resultado é un sistema rápido, eficaz, potente e innovador que ten aumentando de xeito efecto a calidade de xestión cara ao cidadán.

 

O sistema de pago ao través do código QR pódese empregar tanto para o abono de impostos ou taxas municipais, de licenzas de obra, matrícula no conservatorio... Deste xeito o cidadá evita desprazamentos xa que pode aboar  o importe ao través do seu teléfono móbil ou tableta con acceso a internet de xeito cómodo, práctico e doado. O xustificando da operación é recibido polo usuario en tempo real  no seu correo electrónico.

 

A empresa etensis foi a encarga de desenvolver este sistema que se vén de pór en marcha no Concello de Tui.