Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra este domingo a III Festa do Pracer no Conxunto Histórico cun amplo programa de actividade ao longo do día

27/09/2014

Venres, 26 de setembro de 2014. Este domingo, 28 de setembro, Tui vai celebrar a III Festa do Pracer no Conxunto Histórico de Tui cun amplo programa de actividades ao longo da xornada. A festa que estaba prevista para o pasado 14 de setembro tivo que se suspendida naquela data polas adversas condicións meteorolóxicas.

 

O seu obxectivo é darlle vida ao Conxunto Histórico da cidade, servindo de reclamo para a visita desta zona tanto para os propios tudense coma para todos aqueles que se queiran achegar a esta festa. O concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, explicaba coma a festa naceu hai tres anos para celebrar o centenario da urbanización da Praza do Pracer, e como a boa acollida por parte dos veciños e dos visitantes levou ao Concello a continuar a aposta por esta actividade. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salienta o atractivo desta festa nun entorno único e convida a achegarse o domingo ás diferentes actividades programadas.

 

As prazas do Pracer, San Telmo e A Estrela así como o Paseo Fluvial serán os lugares onde se leven a cabo as diferentes actividades con actuacións da Banda de Gaitas de Pexegueiro, do Grupo de baile San Xoán de Paramos, e da Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns. Amais o fin de festa correrá a cargo do grupo Pesdelán. Pero tamén está programa unha sesión de contos con Baobab Teatro, e un número de circo áreo. Non faltará a gastronomía presente en oito postos de establecementos locais na Praza da Estrela. Tamén haberá postos de artesanía a cargo de artesáns tudense, e demostración de oficios tradicionais.

 Programa de actividades-           Domingo 14

·                    ÁS 12h Banda de Gaitas de Pexegueiro na Praza do Pracer

·                    ÁS 12.30h Sesión de contos con Baobab Teatro na Praza de San Telmo

·                    Ás 13h inicio da Festa Gastronómica na Praza da Estrela con 8 postos

·                    Ás 16h Grupo de baile San Xoán de Paramos

·                    Ás 17h Circo Expreso “Un día de Praia” no Paseo Fluvial

·                    Ás 18h Escola de Música e Baile San Fins de Rebordáns

·                    Ás 19h Concerto de Pesdelán na Praza do Pracer

-           Haberá exhibición de oficios antigos, e 8 postos de artesanía local

-           Organiza: Concello de Tui