Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acolle a Fase Final da Copa Galicia Cadete de Baloncesto

3/10/2014

 

Disputarase este sábado no pavillón deportivo municipal vello

 

Xoves, 2 de outubro de Tui. Este sábado, 4 de outubro, celebrarase en Tui unha nova final da Copa Galicia, esta vez de baloncesto na categoría cadete, organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Tui, en colaboración co Concello de Tui.

 

Os equipos clasificados para esta "Final Four" son o Carballo a un paso, Instituto Rosalía, Estudiantes Lugo Leyma Natura e o equipo local do C.B. Tui Construcciones Cal.

 

Os partidos se celebrarán nos seguintes horarios:

            10.30 horas - C.B. Tui Construcciones Cal / Carballo a un paso (X)

            12.30 horas - Instituto Rosalía / Estudiantes Lugo Leyma Natura (Y)

            17.00 horas - Perdedor X - Perdedor Y

            19.00 horas - Vencedor X - Vencedor Y

 

Para o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, tras disputar as finais da Copa Galicia de Balonmán na categoría absoluta masculina e feminina o pasado 31 de agosto, volver a acoller unha nova final da Copa Galicia, nesta ocasión de baloncesto na categoría cadete, reflicte non só o alto nivel das instalacións deportivas tudenses e as boas relacións coas federacións deportivas galegas, que ten á nosa cidade como referente deportivo, se non o bo traballo dos clubs tudenses no seu traballo cos máis cativos.

 

O Concello de Tui felicita ao Club Baloncesto Tui pola súa clasificación para esta final, así como anima a tódolos veciños a acudir a gozar destes partidos de baloncesto de alto nivel.