Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trompicallo presenta “Osiño” mañá venres ás 20h no Teatro Municipal

18/12/2014

 

Xoves, 18 de novembro de 2014. "Osiño" é o título da obra que a compañía Trompicallo presenta este venres, 19 de decembro, ás 20h no Teatro Municipal de Tui.  Trátase dun espectáculo de monicreques dirixido a público familiar cunha duración de 50 minutos.

 

A obra foi escrita por Luís González, Sabela Amado, Marián González e Kevin Stewart contando con música de Ignacio Sanz. A dirección corresponde a Kewin Stewart e os manipuladores dos monicreques son Sabela Amado, Marián González e Luís González.

 

"Osiño" achéganos ata a historia dun pequeno oso que vive na fraga coa súa nai. O paso das estacións vai transformando o seu entorno dende o frío inverno no que Osiño aprende coma non pasar frío, a primavera onde o seu avó lle conta o seu conto  favorito, o verán con longos paseos nocturnos e o outono co cumpreanos do protagonista.

 

As entradas están á venda, ao prezo de 3,5€ e 2,5€, ata o venres ás 13h na web http://www.culturatui.info/ ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes na Área Panorámica.

 

Trompicallo con "Osiño"

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 19 de decembro, ás 20h

Recomendada: público familiar

Duración: 50 minutos

Venda de entradas: en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

http://www.trompicallo.es/