Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A proxección de “A Esmorga” abre este venres a programación no Teatro Municipal

24/02/2015

 

Martes, 24 de febreiro de 2015. A proxección da película "A Esmorga" abre este venres a programación cultural deste semestre no Teatro Municipal de Tui.   O filme, dirixido de Ignacio Vilar, poderá verse en dobre función ás 19h e ás 22h.   Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán "Morris", Sabela Arán, Alfonso Agra, Mela Casal e Melania Cruz está baseada na novela homónima de Eduardo Blanco Amor.

 

O filme realiza, ao longo de 111 minutos, unha crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga, que deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras sí e guindando coas chaves, coma para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran a súa perdición.

 

As entradas para esta proxección están xa á venda en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres hora e media antes do comezo da función no despacho de billetes ao prezo de 5€ e 3,5€.

 

Proxección de "A Esmorga"

Lugar: No Teatro Municipal

Data: Venres, 27 de febreiro, ás 19h e ás 22h

Venda de entradas: en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h. Ou o venres dende hora e media antes do comezo da función no despacho de billetes.

Prezo: 5€ prezo xeral - 3,5€ prezo para posuidores do carné xove, carné máis, desempregados, xubilados, familia numerosa, ou carné da biblioteca municipal de Tui.