Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Campionato Galego de Escalada en Bloque e da terceira proba do Open de Andainas de 25 km

8/10/2014

 

Luns, 6 de outubro de 2014. Mañá mércores, 8 de outubro, ás 11.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego de Escalada en Bloque, organizado pola Federación Galega de Montañismo e o Club Tideo de Montaña, en colaboración co Concello de Tui, que se disputará o este sábado 11 de outubro, no pavillón da Macoca, en Pazos de Reis. Así mesmo, presentarase a terceira proba do I Open de Andainas de 25 km, organizado polo Club de Montaña Xistra, en colaboración co Concello de Tui, que se celebrará o domingo 19 de outubro, dende o mesmo pavillón.

 

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente da Federación Galega de Montañismo, Adolfo Puch Domínguez, así como os responsables do Club Tideo de Montaña, Uxío Martínez Fariñas e do Club de Montaña Xistra, Henrique Ferreiro.