Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Noite Europea sen Accidentes

16/10/2014

 

Xoves, 16 de outubro de 2014. Mañá venres, 17 de outubro, ás 12 hora española, será presentada na Cámara Municipal de Valença a "Noite Europea sen accidentes". Trátase dunha iniciativa promovida dende 2003 pola Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) en España e a Associaçao Nacional de Empresas de Bebidas Espirituosas (ANEBE) en Portugal co obxectivo de promover o ocio seguro e condutas responsables ao volante.

 

Coincidindo con esta iniciativa as patronais española e lusa de bebidas destiladas promoven, por segundo ano consecutivo, unha iniciativa transfronteiriza contra o consumo de alcol ao volante, que nesta ocasión se celebrará na Eurocidade Tui-Valença na noite deste venres. Consistirá na promoción do uso da figura do condutor alternativo.

 

A presentación na Cámara de Valença acudirán por parte española o vicepresidente da Comisión de Seguridade Vial do Congreso dos Deputados,  Telmo Martín; a coordinadora da DXT Galicia, Victoria Gómez Dobarro; o director Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro; o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez; o concelleiro de Seguridade de Tui, Ángel Gutiérrez; o tenente coronel xefe da Garda Civil de Tráfico de Galicia, Javier Molano e o director da Federación Española de Bebidas Espirituosas, Bosco Torremocha. Mentres por parte portuguesa estarán presentes o  secretario Portugués de Interior,  João Pinho de Almeida; o presidente da Autoridade Nacional de Segurança Rodoviaria de Portugal, Jorge Manuel Quintelo Brito Jacob;  a coordinadora da comisión de Seguridade Vial do Parlamento Portugués, Carina Oliveira; o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes; un representante da Gardia Nacional Republicana e o director da Associaçao de Bebidas Espirituosas (ANEBE), Mario Moniz Barreto.