Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obras de separación da rede de pluvias e renovación de servizos existentes obriga ao corte a Avenida de Portugal

2/02/2024

Dende o luns e mentres duren os traballos o acceso dende A Guarda e Portugal ao centro urbano deberá facerse pola A55

O próximo luns comezarán na Avenida de Portugal as obras para execución da nova rede separativa de pluviais e renovación de servizos existentes por parte do Consorcio de Augas do Louro.

O luns comezarán os traballos a altura do número 22, polo que será preciso cortar este punto da rúa en ambos sentidos mentres duren as obras. Por este motivo o tráfico dende a estrada da Guarda ou dende Portugal cara ao centro urbano desviarase pola autovía, e mesmo dende o centro urbano cara a estrada da Guarda e Portugal. Así dende a intersección da rúa Martínez Padín, Colón, Augusto González Besada e Ourense, non se poderá circular en dirección á Guarda salvo residentes e servizos. Os vehículos deberán desviarse pola rúa Colón para acceder á autovía. 

Os vehículos dende a estrada da Guarda  ou dende Portugal se dirixan cara ao centro urbano deberán acceder a través da A55 tomando a entrada en Areas, xa que estará cortado o tráfico de entrada a Tui salvo a residentes e servizos.

A execución da nova rede separativa de pluviais e renovación de servizos existentes é o paso previo ao inicio das obras de humanización da Avenida de Portugal que nas próximas semanas executará o Concello de Tui.