Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O tudense Gustavo Rodríguez, terceiro no Campionato de Europa de triatlón de media distancia

21/10/2014

 

A fin de semana deixou grades éxitos dos deportistas tudenses

 

Luns, 20 de outubro de 2014. O deportista tudense Gustavo Rodríguez acadou a medalla de bronce no Campionato de Europa de Triatlón de Media Distancia, celebrado no Municipio de Calviá (Mallorca) a pasada fin de semana.

 

Gustavo, que tivo que realizar 1.9 quilómetros a nado, 90 quilómetros en bicicleta e 21 quilómetros a pé, entrou na liña de meta por detrás do italiano Giulio Molinari e do portugués Bruno Pais, acadando unha espectacular terceira posición, que sumado ao sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de Larga Distancia, completan un ano cheo de éxitos deportivos para o atleta tudense.

 

Pero a fin de semana deixou otros éxitos dos deportistas tudenses. Así, a atleta Leticia Fernández se proclamou campiona da Media Maratón de Pontevedra, cun tempo de 1h20. E Rubén Rodríguez acadou a segunda posición no Enduro das Bestas.

 

O Concello de Tui felicita a Gustavo Rodríguez polo terceiro posto no Campionato de Europa de Triatlón de Media Distancia, así como a Leticia Fernández e Rubén Rodríguez polos resultados acadados esta fin de semana nas súas competicións.