Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Paseo da Corredoira de Tui acolle este domingo unha xura de bandeira

5/10/2014

Venres, 3 de outubro de 2014. Este domingo, 5 de outubro, celebrarase no Paseo da Corredoira de Tui unha xura de bandeira presidida polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o xeneral da BRILAT, Luís Cebrián Carbonell. Prevese amais a presenza de autoridades tanto militares coma civís.

Ata o día de hoxe 150 civís se inscribiron na Casa do Concello de Tui para xurar bandeira este domingo, tamén o poderán facer aqueles que o desexen este domingo, coa salvidade de que os que non se inscribiron previamente non recibirán o correspondente certificado.

O programa previsto comezará ás 12h e durará aproximadamente 45 minutos. Ata Tui achegaranse 180 efectivos da BRILAT, en concreto a banda de gastadores, a compañía de infantería e a banda de música, e tamén participará na parada a bandeira do rexemento de Isabel a Católica nº29, a máis antiga que posúe a BRILAT.

Ao remate do xuramento terá lugar a homenaxe aos caídos, e as intervencións do alcalde e do xeral da BRILAT. Calcúlanse que a duración do acto será de 45 minutos.