Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Mercado da Verdura de Tui da os primeiros pasos para a creación dun Banco de Sementes Autóctonas

26/03/2015

 

Xoves, 26 de marzo de 2015.  Este sábado, 28 de marzo, coincidindo coa celebración dunha nova edición do Mercado da Verdura, porase en marcha a creación dun banco de sementes autóctonas. É unha iniciativa que persegue recuperar as sementes da zona, un proxecto do que este sábado se dará o primeiro paso para recuperar as plantas autóctonas e todo o seu potencial.

 

O Mercado da Verdura volverá celebrarse de 10 a 14h no Cárcere Vello en Tui, na rúa Sanz, coa presenza dos produtores ecolóxicos da zona para vender directamente a colleita da temporada: verdura, tirabeques, guisantes, espinacas, acelgas, apios, verzas, grelos, nabizas... 

 

O mercado está organizado polo Concello de Tui, APEGA e o Foro Tude