Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns ás 20h inaugurase a exposición “Reveriano Soutullo, unha vida para a música”

12/12/2014

 

Venres, 12 de decembro de 2014. O próximo luns, ás 20h, terá na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a inauguración da exposición "Reveriano Soutullo, unha vida para a música" organizada pola Deputación de Pontevedra, Museo de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Reveriano Soutullo.

 

A inauguración correrá  a cargo da deputada Ana Isabel Vázquez, xunto ao alcalde de Tui e deputado, Moisés Rodríguez. O acto contará amais coa presenza da presidenta da Fundación Soutullo María Rosa Arija Soutullo, a concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, e o concelleiro de Cultura de Ponteareas André Sampedro.

 

No transcurso da inauguración está prevista a actuación do estudoso e intérprete de obras do mestre Soutullo, Alejo Amoedo, que interpretará a piano e presentará o albúm En Noche de Luna, editado pola Fundación Soutullo.