Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui insta á Fiscalía a abrir a vía penal para resolver o conflito de convivencia cidadá en Tui

29/12/2014

A Corporación Municipal do Concello de Tui, integrada polos Grupos Municipais do Partido Popular, Acción Tudense, PSdeG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego e Converxencia XXI, tras a reunión celebrada no día de hoxe pola Xunta de Portaces, diante dos acontecementos que se están a producir en relación ao mercadillo dos xoves,  por un grupo de veciños de Tui da etnia xitanos  quere manifestar o seguinte.

Tras  de varios días dende o seu retorno e non poucas reunións e negociacións entre ambos clans familiares para resolver as súas diferencias, o problema segue sen solucionarse e estas familias de vendedores ambulantes (zamoranos e casteláns), séntense obxectivamente intimidadas e privadas de exercer os seu máis elementais  dereitos, tanto de traballo como de residencia, que lles obrigou a tomar decisións tan drásticas como: non mandar ao nenos ao colexio, pecharse nas súas casas, non traballar e planificar unha nova fuxida.

Esta Corporación Municipal considera que a falta de denuncias por parte dos afectados que, evidentemente non as hai nin as haberá por razóns de cultura e sobre todo de MEDO a represalias, non pode ser óbice para que se protexan os dereitos fundamentais que teñen coma o son: o traballo, a residencia e a integridade física.

É por iso que, transcorrido o prazo dado no seu día polo Fiscal Xefe del TSXG., para acadar un arranxo pacífico entre ambas partes, non so non se logrou un acordo senón que se multiplicaron as diferencias ata o punto de que a  convivencia fíxose insostible na cidade.  Advertimos o malestar cidadá derivado da inseguridade e insistimos na necesidade de asegurar os dereitos de residencia, emprego e liberdade dun centenar de familias de etnia xitana e dos demais veciños do municipio.

En consecuencia, tendo en conta os incidentes xurdidos durante os últimos días entre membros de ambas familias, instamos a que o ministerio público inicie o procedemento que por vía penal considere conveniente en aras de devolver e asegurar a convivencia cidadá en Tui. Ao tempo convocarase unha reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade.

Asinado polos membros da Corporación do Concello de Tui

 Comunicado corporación municipal de Tui - 1 decembro 2014 - Mercadillo dos Xoves

 Comunicado corporación municipal de Tui - 4 decembro 2014 - Mercadillo dos Xoves