Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui contratou a 16 persoas este ano ao abeiro da liña 3 do Plan + Provincia

22/04/2024

O Concello de Tui contratou este ano a 16 persoas ao abeiro da Liña 3 de Activación do Emprego 2024 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra. .

En concreto no mes de marzo foron contratados un oficial de segunda fontaneiro e un operario carpinteiro cunha duración de  9,5 meses. Este mes de abril contratáronse a 14 persoas, durante 6 meses, coma peóns de horticultura e xardinería.

Para levar a cabo a contratación o Concello realizou unha aportación municipal de 5.270,79€, e a Deputación de Pontevedra concedeu a este Concello unha subvención de 218.794,71€, segundo as bases reguladoras do Plan de obras e servizos de competencia municipal (Plan + Provincia) 2024, liña 3: Activación do emprego 2024.

O fin último da contratación é a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, do persoal contratado, para que unha vez finalizada a relación laboral con esta administración as persoas conten con máis experiencia e coñecementos que favorezas a súa inserción laboral no mercado privado de traballo.