Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado celébrase un novo Mercado da Verdura no Cárcere vello en Tui

12/12/2014

Haberá tamén un obradoiro de pan de Nadal

 

Venres, 12 de decembro de 2014. O cárcere vello na rúa Sanz de Tui acolle mañá sábado un novo Mercado da Verdura organizado polo Concello de Tui, Foro Tude e APEGA. De 10 a 14h os produtores ecolóxicos porán a venda os produtos de temporada  directamente cara aos consumidores.

 

Amais de forma paralela de 11 a 14h celebrarase un obradoiro de pan de Nadal a cargo de Gloria Domecq. Ás prazas son limitadas, ten un prezo de 20€ por persoa e é preciso inscribirse no 630 82 44 98 ou na páxina do facebook "Mercado da Verdura".