Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá preséntase a programación cultural do segundo semestre de 2018

11/07/2018

Mañá xoves, 12 de xullo, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación da programación cultural que se vai desenvolver na cidade dende este mes de xullo e ata decembro. Unha oferta cultural que vén recollida nun novo número da Axenda Corredoira Cultural.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, xunto ao presidente da Banda de Música Popular de Tui, Néstor Rodríguez, unha representante da Asociación de Afectados Paramos Guillarei, María Jesús Fernández Ramo, unha representante da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei, Alicia González Pérez, a directora do IKFEM, Andrea González,  un representante da Escola de Gaitas e Baile San Fins organizadora da Noite Internacional do Miño, Alfonso González, a secretaria do curso Tamara Brooks, Merchi Domínguez, o director de Música no Claustro, Samuel Diz, e a directora de Arraianos, Andrea Costa.