Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a Big Ride Eurocidade

27/04/2015

Mañá martes 28, ás 11.00 horas españolas, na Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación da BIG RIDE EUROCIDADE, proba deportiva de enduro de BTT, que se disputará a próxima fin de semana nos montes Faro e Aloia, organizado pola Eurocidade Tui-Valença e a empresa SherpaProject, en colaboración coa Federación Española de Ciclismo, dentro do Open de España de Enduro.

Á mesma asistirán, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o coordinador de Deportes da Xunta en Pontevedra, Guillermo Reinaldo, o vereador de desporto da Cámara de Valença, José Monte, o concelleiro de Deportes de Tui, Antonio Castro, e o responsable da organización, Guti Martín.