Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntanse as Festas de San Telmo 2024

14/03/2024

Mañá venres, 15 de marzo, ás 11 h na sala de reunións da Casa do Concello de Tui presentarase a programación das Festas de San Telmo 2024, que se van celebrar do 30 de marzo ao 8 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras de Cultura, Eninso e Mocidade, Sonsoles Vicente, e de Emprego e Formación, Comercio, Igualdade,Turismo, Patrimonio e Conxunto Histórico, Ana Núñez, e os concelleiros de Obras, Medio Rural, Xestión de Residuos, Limpeza Viaria e Deportes, Rafael Estévez; de Economía e Facenda, Urbanismo, Arquitectura Pública, Planeamento, Espazos Naturais e Áreas de Lecer e Parque Móbil; Miguel Méndez e de Servizos Sociais e Medio Ambiente Ismael Diz.